Homepage > Cliente Makro > Vantaxes de ser cliente Makro
Vantaxes de ser cliente Makro

VANTAXES DE SER CLIENTE MAKRO

Milleiros de produtos diferentes

Makro ofrécelle a maior variedade do mercado. Milleiros de referencias para que poida elixir o artigo e a marca que precise.

Dispón de produtos de alimentación e non alimentación, coidadosamente seleccionados por expertos e adaptados aos gustos locais de cada zona. Polo tanto, a nosa gama de produtos é local, nacional e internacional.

Reserva telefónica de produtos frescos

A sección de produtos frescos de Makro é única. Tódolos días, a primeira hora, recibimos o mellor do mercado en frescura, calidade e prezo.

Ademais, coa grande comodidade de poder reservalos cunha simple chamada telefónica, por fax ou correo electrónico. Deste xeito, cando chegue a Makro, terá o seu pedido listo para facturar.

Solucións de gran formato

En Makro dispón de formatos especiais, adaptados ás necesidades da hostalaría e aos minoristas de alimentación. Conta con tamaños máis prácticos para acadar un maior aforro.

A mellor relación calidade-prezo

Makro proporciona prezos para facer negocio e primeiras marcas. Establecemos controis permanentes para garantir sempre a mellor calidade ao prezo máis rendible.

Facturas analizadas punto por punto

Para facilitarlle a súa contabilidade, Makro detállalle en cada factura a descrición do produto, o número de unidades, o prezo e o IVE/IGIG correspondente.

Ademais, dispoñemos dun extenso número de caixas para unha maior axilidade. E, por suposto, admitimos as principais tarxetas para efectuar o pagamento.

Marca propia

En Makro tamén comercializamos as nosas propias marcas: Makro Quality, Aro, Charle's House (whisky), Lion Heart (xenebra), White Diamonds (ron), Fjrowka (vodka), Felsgold (cervexa alemá) e outras máis en non alimentación (Watson e Tarrington House). Todas coa máxima calidade a prezos moi vantaxosos.

Servizos

• Aparcamento gratuíto.

• Restaurantes Makro na meirande parte dos centros.

• Máquinas intercambiadoras de acumuladores de frío (para non romper a cadea de frío).

• Horario ininterrompido de luns a sábado, incluso os domingos en Madrid.

• Carros profesionais de fácil manexo.

• Sinalización clara e sinxela.

• Asesoramento continuo por parte dos nosos profesionais.

• Aparcamiento gratuito.