Homepage > Empresa > Metro Cash & Carry
Metro Cash & Carry

METRO CASH&CARRY

 

En 1964 inaugurouse o primeiro almacén de Metro en Alemaña.

A nova idea dun autoservizo ao por maior foi creada polo profesor Dr. Otto Beishem, e hoxe Metro e Makro representan a fórmula por excelencia deste sistema de distribución.

O primeiro paso para converterse nunha compañía internacional deuse no ano 1971, en Austria, ao abrir un almacén en Viena-Vösendorf.

Este non só foi o primeiro centro en Austria, senón que tamén foi o primeiro almacén de Metro fóra de Alemaña, iniciándose unha expansión activa por toda Europa, que incluso traspasou as fronteiras deste continente.

O 1 de xaneiro de 1998 Metro adquiriu tódolos establecementos de SHV Makro N.V. en Europa e Makro España pasou formar parte do Grupo alemán METRO Group, integrándose na División de Cash & Carry do devandito Grupo.

Hoxe en día Metro Cash & Carry ten funcionando 600 almacéns de venta ao por maior en 29 países e é o nº 1 dos autoservizos maioristas no mundo. As oficinas centrais e a xunta directiva están situadas en Düsseldorf (Alemaña).