Homepage > Calidade e Seguridade > 3.- Productos Frescos e Marca Propia
3.- Productos Frescos e Marca Propia

PRODUCTOS FRESCOS E MARCA PROPIA

PRODUTOS FRESCOS E MARCA PROPIA: Concepto de Calidade en todas as etapas do ciclo produtivo

En Makro os produtos frescos e de marca propia son a nosa aposta máis forte, ocupan un lugar de relevancia na nosa política de calidade e constitúen un reto ao aplicar o concepto de calidade a todas as etapas do ciclo produtivo:

Calidade das materias primas: mediante a elección de produtos frescos e elaborados a partir de ingredientes seleccionados segundo estritos criterios de calidade.

Calidade dos provedores: os nosos provedores son produtores nacionais e internacionais con sistemas de calidade implantados e auditados por entidades independentes.



Calidade dos produtos: os nosos produtos son sometidos a controis e ensaios de calidade periódicos por laboratorios externos comprobando que manteñen as súas características de calidade e seguridade.

Calidade da loxística: en Makro contamos con Plataformas onde os produtos son recepcionados diariamente, e unha vez revisada a súa calidade por inspectores cualificados, son distribuídos aos nosos almacéns mediante unha rede de transporte especializado, garantindo a calidade do produto e do servizo.

Este sistema de seguimento de calidade permítenos aproveitar multitude de oportunidades de mellora e introducir permanentes innovacións.