COMO SE TRANSMITE O VIRUS NA EXPLOTACIÓN?

O virus da Influenza Aviaria é excretado polas feces e secrecións respiratorias, e polo tanto, a transmisión e difusión do mesmo dentro das naves e entre distintas explotacións prodúcese do seguinte xeito:

• Por contacto directo con secrecións de aves infectadas, especialmente feces.

• Por penso, auga, equipos e roupa contaminados.

• Vía aeróxena.

• Movemento de persoas. Transportes de ovos, penso ou excrementos contaminados

A entrada do virus na explotación pódese evitar con medidas de bioseguridade

MEDIDAS DE BIOSEGURIDADE PARA LAS EXPLOTACIÓNS AVÍCOLAS

• Non alimentar as aves en lugares onde poidan acceder as aves silvestres.

• Manter as aves afastadas de fontes de auga que tamén aproveiten as aves silvestres.

• Protexer as aves domésticas do contacto con aves migratorias.

• Limitar ao máximo a entrada de vehículos e persoas alleas á explotación. Rexistrar todo o persoal que entre na explotación.

• Dispor de vestiario e calzado para ser utilizado exclusivamente dentro da explotación.

• Adoptar medidas estritas de limpeza e desinfección dos materiais, útiles de traballo, botas e vehículos tanto á entrada como á saída da explotación.

Como actuar no caso da aparición de influenza aviaria?

A detección rápida dun brote de influenza aviaria é un dos elementos clave para poder combatela con éxito.

Calquera sospeita de influenza aviaria deberá ser comunicada á Unidade Veterinaria Local que corresponda, para que os Servizos Veterinarios Oficiais poidan obter as mostras que permitan confirmar ou descartar a enfermidade.

INFORMACIÓN

Páxina web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación: http://www.mapa.es/es/ganaderia/pags/influenza_aviar/influenza.htm
Teléfono: 91 347 82 95

Páxina web oficial sobre a gripe aviar da Comisión de Seguimento e Información sobre a evolución da gripe aviaria, Ministerio da Presidencia: http://www.gripeaviar.es/esp/index.html