INFORMACIÓN NUTRICIONAL

Importancia dunha alimentación equilibrada:

Unha alimentación equilibrada ha de ser suficiente, completa, axeitada e o máis variada posible. A achega calórica ha de ser adecuada ao gasto enerxético do individuo. Actividade física, dieta apropiada e hábitos de vida saudables repercuten positivamente na saúde e o benestar.

En España, o Ministerio de Sanidade e Consumo elaborou a Estratexia para a Nutrición, Actividade Física e Prevención da Obesidade (NAOS), que ten como finalidade mellorar os hábitos alimentarios e impulsar a práctica regular da actividade física de todos os cidadáns.

Para conseguir unha alimentación equilibrada é preciso inxerir toda clase de nutrientes en cantidades apropiadas:

• Hidratos de carbono: son fonte de enerxía.

• Graxas: son fonte de enerxía “concentrada” e vehículo de vitaminas liposolubles.

• Proteínas: son a base estrutural do organismo.

• Vitaminas e sales minerais: indispensables para o funcionamento do organismo. Entre eles, o sodio (presente no sal), que en cantidades elevadas favorece a aparición de enfermidades como a hipertensión.

• Fibra: favorece o tránsito intestinal, previndo a aparición de certas enfermidades.

ETIQUETAXE NUTRICIONAL >>