ANISAKIS

 

É un parasito que se pode atopar no peixe e provocar alteracións dixestivas e reaccións alérxicas.

Tras a publicación do RD 1420/2006 sobre prevención da parasitose por anisakis en produtos da pesca subministrados por establecementos que serven comida aos consumidores finais ou a colectividades é obrigatoria a conxelación do peixe a unha temperatura igual ou inferior a –20 ºC na totalidade do produto durante polo menos 24 horas, por parte deste tipo de establecementos (bares, restaurantes, cafeterías, hoteis, hospitais, colexios, residencias, comedores de empresa, cátering e similares), sempre que realicen  preparacións deste tipo:

- para consumo en cru ou practicamente en cru (p.e. bocartes en vinagre e outros peixes en escabeche, sushi, carpaccios, marinados,salmoiras…). 

afumados das especies: arenque, cabala, espadín e salmón (salvaxe) do Atlántico ou do Pacífico.

Non causan enfermidade aínda que se consuman en cru sen conxelar previamente:

- moluscos bivalvos (ostras, mexillóns, ameixas…)

- peixes de augas continentais (ríos ou lagos) e piscifactorías de auga doce, p.e. troitas, carpas…

semiconservas como as de anchoas (en envase metálico, de vidro ou outras presentacións).

- peixes desecados salgados como bacallau ou atún seco.

Se adquire produtos previamente tratados e envasados polos nosos provedores, pode solicitarnos certificados de tratamento ao Dpto. de Calidade de Makro España vía e-mail.

Amplíe esta información a través dos materiais informativos editados pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición AESAN:  cartel e tríptico.


Fuente de la imagen: Bureau Veritas