FAQs

1.- Cales son as condicións de frescura dos produtos perecedoiros?

Acceda a un resumo das características de frescura requiridas para os nosos produtos frescos, carnes, peixes e froitas e verduras aquí >>
Ademais poderá consultar en cada unha das seccións de Perecedoiros en todos os nosos almacéns as fichas técnicas de todos os produtos frescos á venda.

Makro garante as condicións de frescura de todos os seus produtos a través dunha coidada selección de provedores e a xestión de mercadorías mediante o sistema de rotación de stocks FIFO, (First In First Out, o primeiro en entrar é o primeiro en saír), o mantemento da cadea de frío, boas prácticas de manipulación e unha axeitada implantación do sistema HACCP en todos os nosos almacéns.

2.- Qué é o APPCC ou HACCP?

Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico, en inglés, HACCP Hazard Analysis and Critical Control Points. A súa implantación en calquera establecemento de alimentación é obrigatoria, axudando a lograr un nivel máis elevado de seguridade alimentaria.

3.- Que controis realiza Makro para garantir a calidade dos seus produtos?

• Calidade concertada con todos os nosos provedores.
• Certificacións de calidade dos nosos provedores.
• Auditorías de calidade nas instalacións dos nosos provedores.
• Implantación do sistema HACCP en todos os nosos almacéns.
• Análise dos nosos produtos por laboratorios independentes.


4.- Como podo coñecer a orixe dos produtos?

Indicada na etiqueta do envase ou nas táboas informativas de cada produto:

  Carne de vacún: país de nacemento, engorda, sacrificio e despezamento.

  Peixe, segundo o método de produción:

     Pesca extractiva: zona de captura FAO. Mapa de zonas FAO aquí >>
     Acuicultura e peixes de auga doce: país de orixe

  Froitas: na táboa informativa indícase país de orixe.

 Chacinería, lácteos e alimentación seca: indícase o rexistro sanitario do fabricante nos produtos en que é obrigatorio. Nos produtos de orixe animal atópase dentro de un óvalo.


5.- Como debo transportar o produto perecedoiro ata o meu establecemento?

Se non dispón de vehículo refrixerado, pode transportar a súa compra en contedores isotermos nos que introducirá acumuladores de frío, para manter o produto a temperatura correcta:

0-5ºC produtos refrixerados
-18ºC produtos conxelados

Á saída de todos os nosos almacéns atopará un servizo gratuíto de intercambio de acumuladores de frío, limpos e conxelados.

6.- Que produtos de limpeza podo utilizar no meu establecemento?

Os produtos recollidos nos apartados:

  1.- Deterxentes e limpadores marca propia, desde onde pode acceder ás fichas técnicas e de seguridade.

  2.- HACCP e solucións Makro, onde ademais pode consultar os produtos recomendados para cada tipo de establecemento (restauración, retallista, carnizaría e panadaría-pastelaría) e elaborar o seu propio plan de limpeza.


7.- Que é e para que serve unha ficha técnica?

É un documento que describe todas as características de un produto: físico-químicas, microbiolóxicas, organolépticas, composición, vida útil, etc. Permite ter perfectamente definidos os produtos empregados no seu establecemento, formando parte dos seus plans APPCC: plan de limpeza, de control de provedores, etc.

Pode acceder ás fichas técnicas de todos os nosos produtos de alimentación de marca propia así como dos nosos produtos de limpeza, na nosa web.

8.- Como podo coñecer a composición e características nutricionais de un produto?

A través da súa etiquetaxe nutricional, presente en todos os nosos produtos de marca propia. Consulte o apartado información nutricional da web para máis información.

9.- Que alimentos sen glute podo comprar en Makro?

Os indicados nas listas actualizadas de FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España). Acceda directamente á súa páxina web: www.celiacos.org

10.- Que é a trazabilidade?

Posibilidade de atopar e seguir o rastro, a través de todas as etapas de produción, transformación e distribución, de un alimento.

11.- Non atopo a información que preciso, que podo facer?

Contacte co Dpto. de Calidade de Makro España vía e-mail a través do noso apartado Caixa de Suxestións/Consultas solicitándonos calquera información que precise.

Agradecémoslle a confianza depositada en Makro.