|

|
Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.): a súa calidade ou características débense ao medio xeográfico cos seus factores naturais e humanos e cuxa produción, transformación e elaboración realízase sempre nesa zona xeográfica delimitada da que toman o nome. p.ex. queixo de Cabrales, xamón ibérico de Guijuelo, mexillón de Galicia, torta de Casar, sidra de Asturias...
|
|

|
Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.): posúen algunha calidade determinada ou reputación ou outra característica que se lle poida atribuír a unha orixe xeográfica e cuxa produción, transformación ou elaboración se realice na zona xeográfica delimitada da que tamén toma o seu nome. p.ex. lacón galego, espárrago de Navarra, carne de Ávila, ensaimada e sobrasada de Mallorca, turrón de Xixona e de Alacante…
|
|

|
Especialidade Tradicional Garantida (E.T.G): contan con trazos específicos diferenciadores doutros alimentos da súa mesma categoría. Débense producir a partir de materias primas tradicionais, ou ben presentar unha composición, modo de produción ou transformación tradicional ou artesanal: xamón curado, leite certificado de granxa, panellets e torta de aceite.
|
|

|
Produtos Ecolóxicos: provenientes da agricultura ou gandería ecolóxica, producidos sen o uso de substancias químicas como praguicidas, fertilizantes ou medicamentos, respectando o ritmo de crecemento de plantas e animais e elaborado sen adición de substancias artificiais como aditivos, colorantes, saborizantes, aromas.
|
Máis información, na páxina web do MARM aquí >> |